Friday 17 de May de 2024

O Partido Popular de Oleiros esixe ao alcalde que se inicie de inmediato as obras de reparación do Paseo de Santa Cruz


A POSTURA DO CONCELLO CONTRASTA COA DILIXENCIA COA QUE A Xunta INICIOU A SOBRAS DE REPARACIÓN NO PORTO DA LOCALIDADE

Os intentos do alcalde para buscar sempre a quen responsabilizar dos problemas que afectan a Oleiros só serven para atrasar o inevitable. Nesta ocasión, os últimos temporais han provocado danos no paseo de Santa Cruz que, se non se procede á súa reparación con carácter de urxencia, supoñerán un sobrecusto ás arcas municipais.

A portavoz municipal dos Populares, Loli Silva, declarou “Celebramos a celeridade coa que a Xunta, a través Portos de Galicia, está a proceder á reparación dos danos do Porto de Santa Cruz, iniciando unhas obras cun orzamento próximo aos 100.000€. Agora emprazamos ao alcalde facer o propio co paseo, danado tamén polos temporais, dado que o seu mantemento é competencia municipal.”